jueves, 19 de noviembre de 2009

¿Quen se aburre?



Todo o mundo, ou case todo, ten un momento de ocio, eu tamén o teño, unha das cousas que mais me gusta é o encaixe, e mais que velo, gústame facelo. Hai xa moitos anos que aprendín, por saber como era aquilo de mover os palillos, fixen a miña primeira puntilla, e fixen toda a bobina de fío ata que se me acabou!, nunca mais lle fixen caso, nin á puntilla, nin ós bolillos, ata que me volveu a entrar o gusanillo hai tres anos, por culpa de miña nai, a quen tamén lle intrigaba saber iso de como se moven os palillos, e agora palillamos as dúas. Nós mesmas fixemos os sacos, e moita herba seca levan!!!.




Pensando que xa non me ía acordar leveime unha sorpresa de min mesma, non só me acordaba, se non que me resultou moito mais fácil que a primeira vez, incluso aprendendo novos puntos. Miña nai está facendo unha Kilometrica!



Estas son as últimas que fixen, vounas poñer nun pano de liño con punto de incruste, nada de máquina!
¿Quen se anima?

martes, 10 de noviembre de 2009

Aí van 25 anos!



Hai veces que me parece que pasaron mais de 25 anos porque non me acordo de moitas cousas, e outras veces penso: ¿pero xa hai 25 anos?, si, cumpríronse este ano.

Acabouse a E.X.B. e cada un colleu o camiño que a vida lle deparou, nunca mais nos volvemos a xuntar, ata o outro dia que fixemos unha cea para recordar vellos tempos, e recordamos! vaia se recordamos!; que se os profes eran así ou asá , que se ós rapaces lles gustaban as rapazas, que se os había malos coma o demo ou que se metían con nós, que había boas ximnastas, boas estudantes, boas deportistas, boas dibuxantas, cada un recordou ulgunha historia que os demais tiñamos esquecida. Que bos recordos!. Botei de menos algunha xente que non puido vir, e sobre todo a miña amiga Ana R. B..



Seica quedaron ganas de repetir, e imos intentar que os que están fora poidan vir tamén, pero iso será para o ano.....

miércoles, 28 de octubre de 2009

Toma tomates!




Vou estrear o mes de outubro, que xa ía sendo hora.

Quero compartir con todos algo que a min me gusta moito, pero que me da pena, ¿e que é?, pois a miña horta!, e dánme pena moitas cousas: non ter forza para traballala, non ter aguante físico, porque traballo media hora e xa non podo mais, e mais porque á xente parece que isto da agricultura non lle mola nada, e digo eu, ¿e logo de que pensan que se come? ¿das cousas artificiais?, que aínda que moitas leven compostos que non coñecemos, como por exemplo graxas hidroxenadas (que son as peores) algo que produza a terra haberá que botar, dijo eu!, ás galletas haberalles que botar fariña, ó colacao algún cacao, é as carnes aínda que sexan de granxa e coman penso, o penso levará cereais transxénicos, polo menos. Ben agradecidos tiñan que estar de nos.

En resumo, que eu mentras poda, a miña hortiña heina de facer, e é sorprendente as cousas que pasan nela, este ano naceume un tomate ventureiro e como tiña moito espazo no invernadoiro deixeino estar, din que os hai que podar, poñerlles un tutor para que se aguanten de pé, sulfatar para a peste, para os pulgóns, para as eirugas.... eu pasei de todo iso, total, eu plantara outros. Pois veredes que pasou:



Esta é a plantiña do tomate! e saco cada dous ou tres dias un caldeiro deles!

Outra cousa curiosa, sementei cabazas, todas da mesma semente do ano pasado e pasou o seguinte:



Non me digades que non mola!.

domingo, 13 de septiembre de 2009

Alba de Tormes - Salamanca




Despois de facer unhas compras de embutidos en Peñaranda de Bracamonte ( que por certo, están de vicio!) marchamos a visitar as terras da Duquesa de Alba; todos os pobos de por alí que leven o nome Alba é que foron ou teñen propiedades os Alba.
Un pobo moi acolledor, e que foi un dos focos mais importantes da cultura en España. Visitamos o Castelo do século xv, foi o gran Duque de Alba quen o transforma en Castelo-palacio e cuna da Casa de Alba, o Duque era moi bo estratega e ganaba todas as batallas, entón dentro do castelo mandaba pintar frescos de batallas, actualmente só se conserva a torre do homenaxe, que é onde están as pinturas e un museo con pezas alí encontradas.



Na igrexa da Anunciación está o sepulcro de Santa Teresa de Xesús onde poidemos ver o seu brazo esquerdo e o corazón, ejem.... A basilica de Santa Teresa é de estilo neogotico.



Unha das rapazas de información invitounos a ir pola noite porque había unha capea, xa veredes o que é.
De volta a Peñaranda para comer no" Oso y el Madroño", restaurante con moita sona, comemos cochinillo ou como lle chaman eles Tostón, e nunca mellor dito ¡que tostón comer aquilo sen patacas! porco a pelo! estaba moi bo pero así solo enche que non vexades!
Unha sesta cativa para asimilar os 40 graos e andando...


Chegamos a Salamanca!

¡ QUE PASADA! A cidade mais monumental de España.


A Praza maior, a mais bonita !!, é barroca, nela está o concello. Casa das conchas considerada monumento de arte civil. A universidade a mais antiga de España, a fachada é de estilo plateresco, tallada en pedra, co busto dos reis católicos e o escudo imperial de Carlos V.A universidade pontificia. A catedral vella destaca a súa cúpula bizantina coñecida como "Torre del Gallo". A catedral nova, nesta catedral cada vez que se fai unha reforma tallase dentro dela algo referente a algún acontecemento que pase nese ano, nós vimos a un astronauta. Palacios hai a dar cos pés, e conventos outros tantos. A casa de Lis , que agora é unha sala de exposicións, colga as súas galerías cara ó rio Tormes. As escolas menores, , a ponte romana, a horta de Calixto e Melibea, o Lazarillo de Tormes...



Hai unhas Historias moi chulas da universidade, veredes na súa fachada hai esculpida unha ra, o que a encontre xa non lle fai falla estudar porque vai ter sorte, e se non a ves tes que comprala, para ter sorte. " Vivir da sopa boba" tamén sae da universidade, os universitarios que non tiñan para comer ían pedindo sopa cunha culler polas portas dos conventos, non só iso se non que lles chamaban bobos porque normalmente eran os que peores notas sacaban, tamén levaban unha gorra e de aí ven o de ser" gorrón".
Non é fácil visitar todo nunha tarde, aínda que está todo xunto, pero para disfrutar desta cidade fai falta un dia enteiro polo menos.



A invitación da noite agardábanos e voltamos a Alba de Tormes que tan só está a 16km de Salamanca e que fixemos alí? pois isto:


Unha capea é levar os novillos polas calles ata a praza de touros, e alí esquivar os pobres animais. Que conste que non nos gustan os toros!!

viernes, 4 de septiembre de 2009

Sur de Salamanca



Ciudad Rodrigo, está a 86km. de Salamanca e a 25 de Portugal. O casco antiguo está fortificado para defenderse dos portugueses, a muralla ten mais de 2km. é transitable e ten 7 portas, aínda que actualmente só se usan 2. Dentro pódense ver: O Castelo de Enrrique II de Trastámara, a Catedral, Casas señoriais, Igrexas, Plazas, Conventos, Palacios.



Saimos de Ciudad Rodrigo cara á comarca das Batuecas, Peña de Francia, alí hai un mosteiro no que os domingos do mes de Agosto os monxes ofrecen pinchos típicos da zona, nos non fomos, pero vese dende moitos sitios, está cerca da nosa próxima parada.



Por unha estrada non moi doada chegamos á Alberca, éte é un pobo que está a 1084mts. de altitude, todas as casas tradicionais están feitas de granito, pedra e madeira vista, O faiado usabano para secar os embutidos, sen embargo o que mais había para mercar era mel, pole, recordos da Alberca, e pola súa proximidade, pimentón de la Vera que é o mellor que hai, eu trouxen un pouco. Xantamos na Cantina de Elías, un chuletón de Morucha, uns secretos, e unhas troitas da zona, en fin que aínda se me fai a boca auga, o prezo non asusta a naide, así que, como este pobo non é facil de describir a súa beleza, invitovos a que vaiades.



Chamounos á atención a cantidade de carballos, cerdeiras e vides que hai neste entorno, ó sair do pobo hai unhas áreas debaixo dos carballos que para votar unha sesta despois de xantar e pasear están chulísimas!.
Isto está moi cerca de Cáceres, así que porque non achegarse?, Hervás , acó hai un barrio xudeo, un convento... pero non lle vimos nada en especial, é que despois de ver a Alberca.... aínda que cada sitio ten o seu encanto, entón dedicamonos á compra: hurdanitos que son uns caramelos de mel e pole, viño de pitarra, que é viño do ano, unhas picotinas do jerte que son picotas en augardente de cereixa e unhas perronillas de Hervás que son dulces caseiros.
Camiño de volta encontramonos con Béjar, subimos, si, subimos, pero se tedes vértigo mellor non ir, pensei que me quedaba agarrotada! e mais non é feo, pero eu alí non quixera vivir. No río que pasa por baixo hai moitas fábricas textís antigas, e o pobo está por riba delas.
Un pouco mais arriba está Guijuelo, Fábricas de Xamóns Ibericos por doquier!!
En fin que o dia acabase e isto continuará.....

martes, 25 de agosto de 2009

Olo vai o verán!


Aló vai, ou como di o meu sobriño:- olo vai!
Pois se nos deran cartos e 80 dias para dar a volta ó mundo, a nós aínda nos sobrarían dias, ¿por que? porque en catro dias percorremos a metade de España. Segovia-Madrid-Ávila esta vai ser a primeira parte.
En Segovia visitamos o impoñente Acueduto Romano, a Catedral, o Alcázar....














O palacio de Riofrío:
Era a chavola que mandou construír Isabel de Farnesio, muller de Felipe V, para ir a cazar os fines de semana. Alí encóntranse os poucos cadros de voda de Alfonso XII e María de las Mercedes .
Ten un museo de caza.




A Granxa ou Palacio Real de San Ildefonso, destacan os seus xardíns e as súas fontes que concretamente hai 26, son unha copia dos de Versalles. Foi mandado facer por Felipe V.




Pasamos por San Lorenzo del Escorial, no cal encontrase un monasterio, unha basílica, unha biblioteca ( alí está o primeiro libro escrito en galego, por Alfonso X o sabio) un palacio real e un mausoleo dos reis españois. Para que vexades que maxestosidade ten, esta foto sacámola camiño de Ávila.



E xa en Ávila custounos encontrar as murallas, por pouco desistimos de velas!. Hai xemas de Santa Teresa por todos os lados pero son moi caras!!.
Esta é a mellor muralla conservada do mundo, é unha muralla militar rómanica que rodea o casco antigo.



Continuará....
O próximo dia iremos á provincia de Salamanca.

martes, 7 de julio de 2009

XVI Festival






Esta fin de semana foi a festa do rio Castro. Xentes grandes e pequenas estibemos a xantar á beira do rio, uns percebiños, un lacón asado, e uns prostres ben riquiños. Hai que xuntar forzas para os xogos, que duran toda a tarde.



Un paiaso ben simpático remata a sesión dos mais pequechos, para comezar os maiores a competir.



A chave, o tronzador, o tiro á corda, a corrida de sacos.


Iahg! veña zapazas!!

Carlos e Uxío quedaron segundos!

¡ A lo vai!

Estes sacos de patacas están a rebordar!
Houbo quen descubriu as pompas de xabrón.


Despois de gastar as calorías do xantar, unha pouca queimada non ben mal.


E que tal un pouco de baile? Os berros do Castro están a tocar.


Con Pesdelan imos aprender a bailar!



Quero que saibades que CARLOS NUÑEZ estibo na cea! Non me atrevín a pedirlle que sacara unha foto con nós, porque xa sacara algunhas, e debe ser un agobio ter que estar facéndolle caso a toda a xente. Pero coma unha paparachi roubeille esta:


Xa sei que non se ve ben! pero é o que hai.