lunes, 14 de marzo de 2011

Ridimoas



Ridimoas é unha asociación de Ribadavia que se adica dende o ano 88 á conservación de bosque autoctono, ten numerosos premios entre eles un de Félix Rodriguez de la fuente...





Nós temos na nosa parroquia unha fraga que pouco a pouco vemos como os que se dedican á industria madereira a van destruindo. Un grupo de persoas interesadas en que a nosa flora non desapareza do noso entorno visitamos esta asociación este fin de semana co ánimo de crear unha parecida, tentaremos de conservar o que queda e recuperar a que se perdeu, entre outras cousas, levaranos tempo, xa o sabemos, pero se non empezamos nunca, acabarase, e despois falaremos en pasado daquelas cores que se ven cando ven o outono, dos verdes que veñen coa primavera, dos numerosos muiños que hai...




As fotos son da visita que fixemos, pero cando faga tempo enseñareivos a nosa fraga xa veredes que chula!

jueves, 3 de marzo de 2011

Que tal uns melindres?



Orellas, freixós dulces e salados, recheos do que queiras... pero uns melindriños, son uns melindriños eh!.
Fariña a que faga falta, ovos uns cantos, anís ben del, aceite do bon, sal e un pouquiño roial, amasamos todo ben amasadiño, deixámolo decansar un pouco e estiramos unhas tiras para facer uns rosquiños, fritimos, botamolos nun bol moi, moi grande e... facemos o glaseado, medio vaso de auga por dous de azucre, cocémolo 5 minutos e botamolo encima dos melindres, sin deixar de remexer!! que se non quedan brillantes e pegados, e teñen que quedar blancos!!.
Umh! que ricos están!.
Vedes que rápido se fan.