sábado, 27 de diciembre de 2008

Escalada



Non vos é tal escalada, pero en canto vexades as fotos ata o parece. Este sitio é en Igrexafeita, onde vivo. A excursión era para amosarlles a Alberto e Andrea as preciosas vistas que dende a Pena do Rei Mouro se ven, xa era un pouco tarde e no canto de ver Ferrol vimos néboa todo ó redor.
Alberto e Andrea son tío e sobriña, de nacionalidade Uruguaya, evidentemente viven no Uruguay, alí non hai montañas, o pico mais alto ten 500mtrs de altura, ademais están no verán, así que isto de encontrar xeada coma esta no mes de Decembro que comen o turrón na praia, non lles resulta fácil.
A historia repítese, antes eran os nosos avós e pais os que emigraban e agora son os fillos e netos dos que se foron os que teñen que voltar, o pai de Andrea, tibo que emigrar a España para mellorar as súas vidas, Andri veu coñecer onde vive seu pai, e mais o resto da familia paterna, que somos nós.
O machu-pichu que está con Andri é meu irmán Alex, e ó fondo está a nosa parroquia.
Andri é unha meniña moi positiva, a todo lle saca algo bo, nunca pensa en negativo, é asombrosa.






Alex e Andri, Alberto e Nieves, xunto a silla da Pena do Rei Mouro, que conta a lenda que o rei dominaba as súas terras dende alí arriba sentado.

domingo, 14 de diciembre de 2008

Roupa!

Hai uns dias que a miña cabeza anda dando voltas, non acaba de encontrar a maneira de desfacerse da roupa usada dun xeito adecuado. Xa sei que hai contedores adicados á súa recollida, e que a que vale pódese levar a cáritas , e todo iso está ben , pero creo que debería haber mais solucións.
Creo que deberíamos concienciarnos para ter a roupa necesaria e non semellantes armarios!, por outra banda as fibras naturais obtéñense de recursos limitados e as fibras sintéticas contribúen ó esgotamento do petróleo. Por iso creo que deberían existir mais formas de reciclar a roupa.
Falta conciencia de que a roupa pódese reciclar, non só para facer novas prendas, se non para facer recheos, vestir a xente sen recursos ou revendela ¿porqué non?.

lunes, 1 de diciembre de 2008

A Neve


Chegou, si señor, a neve este ano madrugou, e nós ansiosos de xogar con ela fomos á Gañidoira, xa non era moi cedo e tiñamos medo de non encontrala, pero alí estaba agardando por nós.

Levamos ó pequecho da casa, era a súa primeira vez, o seu primeiro contacto coa neve, ó principio parece que lle gustou todo aquilo branco, podíaselle dar patadas e pisala , miraba con cara de "ohh" que guay. Pero... o problema veu cando houbo que tocala ¡que fria!, non quería saber nada. Despois veu a proba do trineo, xa non estivo tan mal, esbarrar por alí abaixo era divertido.Como non podía ser doutra maneira, o trineo deu unhas cantas voltas.



Foi un dia curto pero intenso, ademais non tivemos frío, sería pola "raclete" de Nando e Cecilia ¿ non sabedes que é ?, pois unha comida suíza que consiste en patacas cocidas enteiras sen sal cubertas con queixo fundido de raclete con pementa negra, acompañado con pepinillos en vinagre, uhmm! está boisima anque soe rara. Invitovos a probala.