martes, 24 de agosto de 2010

Picos-Picos



Esta fin de semana fixemos a comida anual dos primos Picos, os que poden vir, claro, xa case son mais a xeración dos pequenos que da nosa, e iso que tardamos en procrear, jeje.









Este ano tiñamos organizado pola tarde uns paseos en Kaiak, que desde logo non olvidaremos!, pasamolo tan ben coma os pequenos:



Que cordinación!, que maestría!, que saber remar!, bueno, bueno!...

Para que vexades que disfrutamos coma enanos, e que me atrevín a remar! porque non estaba a auga nada fria, que se non.... nanai de la china, que aínda que pensedes que non acabamos todos mollados.

jueves, 19 de agosto de 2010

Pan!



Hoxe vai ir de pan, si si, que onte cocimos, jeje.

Hai anos que meus pais eran especialistas en cocer, daquela aínda se botaba trigo, e tiñas que esperar a que che tocara mallar porque ían por orde riguroso dun lugar a outro, coa malladora, a limpadora e toda a recua de xente que acompañaba, os traballadores, os fopeiros... había de todo. Pois ben, para recordar como se bota o trigo, e os tempos da malla, aínda que xa non hai que segar nin facer os mollos, que xa o fai unha máquina soliña, decidimos meu irmán e mais eu botar un pouco trigo, haber que pasaba, pois nada! xa mallamos e xa temos o trigo limpo en sacos, xa fomos ó muiño.... e quen amasa? se meu pai agora non pode, primeiro fixemos a proba cunha amasadora desas que compra a xente para a casa, pero saleu regular, como amasaba meu pai nada!, bueno pois eu non quería renunciar á boliña quente co leite, entón metínme coas mans na masa! si señor!!. Miña nai quentou a auga co sal e controlou a cantidade de fariña, eu amasei!! e meu pai quentou o forno; puxemos o pan a b
ordo, preparamos unhas pizzas, uns bolos.....




enfornamos e.... mi madriña que ben sabía a bola!!!. Antiguamente tamén era costume cambiar a bola cun veciño ou con alguén da familia, pois ben eu non a cambiei pero si que lla levei a miña prima María José, que lla tiña prometido, porque ela tamén se acorda de comer a bola quente co leite cando era pequena, pero era mais larpeira que min que lle botaba colacao, jejeje.



jueves, 12 de agosto de 2010

É moi tarde!

JO! son as 12 da noite e non teño gana de escribir, pero prometo poñer algo esta semana! anque sea do mes pasado! daravos igual, non?