jueves, 22 de enero de 2009

A Carta!

Hai uns dias que ando pensando en facer unha nova entrada, e temas non me faltan: A carta do cura, Obama, Israel, accidentes deportivos, etc...
Hoxe pola mañá sóame o teléfono e dinme:
-! Pon tele5, pon tele5, pon tele5!
Corro para a tele, poño tele5 e encóntrome a Ana Rosa Quintana facendo comentarios dun cura que enviara ós seus feligreses unha carta un tanto ameazadora, cando é a miña sorpresa que é o noso cura!!. Calificáronlle a carta de: "unha brillantez mental" Previamente xa saíra nos telexornais e en España directo.
O conto do cura xa ven de vello, sempre lle gustaron moito os negocios. Pero esta vez alguén se atreveu a publicar a carta nunha páxina de internet de denuncia social, mais no correo galego, e dende iso: cura vai e cura ven.
Invítovos a que leades a dita carta: narahio e a que opinedes sobre ela.
Adiántovos que pode ferir a vosa sensibilidade.

miércoles, 7 de enero de 2009

Popurri

_Acabouse!
_¿o que?
_A Navidade!
Agora quedan as resacas, os kilos demais, as gripes, as desp
edidas, pero que nos quiten o bailao!
Como coa lotería non houbo sorte, chamamo
s a Papá Noel, e veu! non estabamos moi seguros de quen era, pero resistimos, non choramos é mais ó final aquel señor trouxo regalos!


E que me contades do ano vello, Ja! nosoutros tanto cambiamos de canal que nos quedamos sen comer as uvas, menos mal que as repiten para Canarias. Iso que mirabamos o reloxo, pero como cada un tiña unha hora, pois en fin...



E despois festa! Uns chamáronlle miaullada, outros gatada, pero o caso foi que o pasamos moi ben. O que mais chulo quedaba era o do wc, jiji!

Andri baila co seu pai, e baila moi ben!, estábame a aprender samba, non nos deu tempo de rematar, xa se foi para o seu " paisito" como eles lle chaman, non sei cando os volveremos a ver, pero seguro que tanto para eles como para nós ,foron unhas datas inolvidables



Por suposto que houbo chocolate con churros! e que ben nos sentaron, son unha das miñas larpeiradas favoritas.
O dia de reis, trouxéronme unha lámpada para o salón, pero como son unha das afectadas pola gripe non hai foto.
O fin do Nadal trae as ideas para comezar o carnaval, que xa están en marcha, así que ide retorcendo os miolos.