lunes, 25 de abril de 2011

Fopeiros

Isto dos blogs está moi ben, pero hai veces que estamos fopeiros eh!, ou non se nos ocorre que poñer ou non hai gañas de escribir, ai! co divertido que é ler o dos demais! . Loli e Chelo que son as que mais tempo levan sen escribir, a ver se poñen alguhna cousiña aínda que sexan chistes oh!, e Victor debe de estar super ocupado coas novas clases, e nada! non ten tempo nin de sacar fotos. E eu tampouco estou moi inspirada así que... a ver quen é o primeiro!!

lunes, 14 de marzo de 2011

Ridimoas



Ridimoas é unha asociación de Ribadavia que se adica dende o ano 88 á conservación de bosque autoctono, ten numerosos premios entre eles un de Félix Rodriguez de la fuente...





Nós temos na nosa parroquia unha fraga que pouco a pouco vemos como os que se dedican á industria madereira a van destruindo. Un grupo de persoas interesadas en que a nosa flora non desapareza do noso entorno visitamos esta asociación este fin de semana co ánimo de crear unha parecida, tentaremos de conservar o que queda e recuperar a que se perdeu, entre outras cousas, levaranos tempo, xa o sabemos, pero se non empezamos nunca, acabarase, e despois falaremos en pasado daquelas cores que se ven cando ven o outono, dos verdes que veñen coa primavera, dos numerosos muiños que hai...




As fotos son da visita que fixemos, pero cando faga tempo enseñareivos a nosa fraga xa veredes que chula!

jueves, 3 de marzo de 2011

Que tal uns melindres?



Orellas, freixós dulces e salados, recheos do que queiras... pero uns melindriños, son uns melindriños eh!.
Fariña a que faga falta, ovos uns cantos, anís ben del, aceite do bon, sal e un pouquiño roial, amasamos todo ben amasadiño, deixámolo decansar un pouco e estiramos unhas tiras para facer uns rosquiños, fritimos, botamolos nun bol moi, moi grande e... facemos o glaseado, medio vaso de auga por dous de azucre, cocémolo 5 minutos e botamolo encima dos melindres, sin deixar de remexer!! que se non quedan brillantes e pegados, e teñen que quedar blancos!!.
Umh! que ricos están!.
Vedes que rápido se fan.

sábado, 5 de febrero de 2011

Froita



Tiben un antoxo, meteuseme na cachola mercar canta froita atopara, Pitihayas, Pasifloras, Peras, Piña, Kiwis, Amorodos, Cirolas, Mazás de mil clases, Mango, Granada, Nashis........ Pero non puiden! non me cabían na bandexa.
Antes cando parían as mulleres regalabanlles viño Sanson, unha galiña para sopa, chiculate, coñac... en fin cousas de probeito, xa sei que antes non había a abundancia de hoxe, e que esas mesmas cousas agora case non terían xeito. Facendo memoria a min unha veciña regaloume sopa, jejeje. O que quería dicir é que agora todo o mundo regala flores ou plantas, enchense as casas de cestos cheos de plantas, que están chulos... pero non se nos ocorren outras ideas ou que??.
Pois por si algún dia tedes que facer un regalo que non sexa igual que os demais podedes copiarme a bandexa de froita que lle preparei á primeira parida, a nai de Xoel, a segunda que será esta semana levará outra parecida, ou se non unha cesta chea de variedades de chocolate lindt como lle fixen hai 4 anos á nai de Iago. A calquera das dúas gustoulles moito o regalo.

domingo, 9 de enero de 2011

Vai de blanco.



Eu non me esquecía de publicar algo no blog o que non sabía era o que ía poñer, porque sempre se me viña á cabeza a mesma cousa e non quería poñer nada diso.



Este ano polo Nadal a asociación veciñal fixo unha exposición de fotos de comunións e bodas que houbo na parroquia, dende as mais novas ás mais vellas. Os ferrolanos fan en FIMO o salón de Blanco pois nós fixemolo no local. A xente colaborou con ganas e xuntamos unha boa morea de fotos e complementos de ditos eventos. Houbo fotos moi vellas e tamén das que non existen, si, si, porque o Nadal inclue o dia dos Santos inocentes..... jijiji. Fixemos unha montaxe, moi caseira, pero que a xente creeu que era certo.
¡¡ Casamos a Isabel e a David!! e quedaron así:



Eu non podía creer que a xente o creera, ¡ se Anxo é mais pequeno! e David non ía levar ese traxe!!. Pois a algúns coloulles.
Pasamos uns días de recordos e risas cos veciños, que valeron a pena, a parte de disfrutar con eles un chocolatiño quente para o frio.