viernes, 21 de noviembre de 2008

Nadal???!!!



Ja! nada diso!, estamos en novembro, e non sei dende cando, pero onte fun a Ferrol e xa está todo adornado , si, todo moi bonito, todo moi fashion, todo entra polos ollos, que é o que pretenden , claro. ¿ Xa empezou a desesperación da xente por comprar? non vaia a ser que se acabe ¿ e a crise?.

Cando eu era pequena o Nadal empezaba a mediados de decembro, e non se sabe dende cando os nosos pais empezaban a xuntar selos ou puntos "valispar" para conseguir unha boneca, unha bici ou un tren, e como disfrutabamos con aqueles xoguetes! Os reis viñan o 6 de xaneiro, cousa que agora tanto eles como Papá Noel, aparecen sen avisar.
Nestas datas os que cantabamos no coro da escola íamos concursar ó Jofre, cantando panxoliñas en Galego ¡que nivelaso! sempre quedabamos de últimos, eu nono entendía, ó mellor había que ter instrumentos coma os outros colexios, pensaba.

A lotaría! agora ten que ser de Sort, do Gato Negro, ou de Doña Manolita, se a consegues aí ó mellor tócache. Acórdome un ano que a estabamos mirando, (porque era a música do dia 22), que cantaron o gordo, buah!!! era o noso!!!, saltamos, berramos, rimos, abrazámonos coma tolos, pero cando volveron a repetir o número, ooooh!, xusto o número do medio non coincidia, soubemos en moi pouco tempo o que era ser ricos, pero que pouco durou!.

O dia de Noiteboa ¿ ceamos? que barbaridade! pero se despois non podemos durmir, ou será polo discurso do rei?, o que si me gusta é estar coa family, é o cumple do noso cuñaao Solano e facémoslle soprar unha vela nun polvorón, e teno que comer enteiro, co que un polvorón conleva. As ceas de antes si que eran ceas, que bo estaba aquel bacallao que viña na cesta, resulta que era de pobres , como cambian as cousas! agora xa case non sabes que preparar para ese dia, a xente está chea.
Na miña casa nunca lle fixeron caso ó 25, pasamos del. Volviamos a xuntarnos o 31, ese si que era divertido, aínda que a miña avoa sempre estaba enferma ese dia, pero as uvas ¿ quen é o que non ría ou ri con elas? e despois festa! sen traxes de gala, que total son para estragar. ¿Sabedes que no pais vasco o día de ano vello, disfrázanse para saír? pois si.
O 1 de xaneiro non debía existir, porque non existe ninguén, é un aburrimento, solo de pensalo xa me aburro, menos mal que nos quedan os saltos de esquí.

E por fin os reis, teño aguantado o sono canto podía, pero nada, non lograba velos, tíñanme que despertar meus primos, e xa viñeran jo!.

Agora é tempo de solidariedade, de campañas benéficas, de apadriñar nenos, e de axudar ós demais, sen ir mais lonxe esta semana, miña nai, miñas cuñadas e mais eu, fixemos un paquete de 15 Kg para Cuba, despois dos furacáns quedaron sen nada, e alí está unha pequena parte da miña familia, téñolles que agradecer a Iria e Carlos que llelo fixeran chegar. GRAZAS! e mais que miñas son as deles.

lunes, 17 de noviembre de 2008

Presento

Vouvos presentar ás dúas persoas que nos invitaron a ir a Roma: Fernando e Cecilia.



Son uns enamorados das viaxes: Estambul, Amsterdam, Shanghai, Londres, Exipto, Alemania, Liverpool, Moscú, Xibraltar, Roma.... e mais que non me acordo.


Cecilia controla as viaxes por internet ó mellor prezo, mais se temos algunha doenza xa non temos problema e Fernando controla os idiomas e a xeografía podémoslle preguntar por calquera cidade, río, montaña do mundo que él sabe onde está.
Sonvos bos rapaces, estase moi ben con eles!
Grazas rapaces pola invitación!

jueves, 6 de noviembre de 2008

A volta de Roma


Buen
o, xa estou de volta, a verdade é que aínda que foron 3 dias parece que foi unha semana, os que nunca foron a Roma é imposible imaxinar as grandiosidades que alí hai, esculturas, fontes, pinturas, templos, igrexas..... hai tanto de todo! e tan esaxeradamente grande! que animales eran os Romanos!
Foi a miña primeira vez en avión, non é que me entusiasmara demasiado, no despegue e o aterraxe mareábame, aínda por riba en Roma para aterrar había moitas turbulencias e non poidemos aterrar á primeira, así que volta a subir e baixar, aí doéronme os oídos. Unha vez se estabiliza aló enriba : ben.
Chegamos a Roma de noite, facía moita calor, buscamos o hotel e a durmir para levantarnos cedo e empezar a andar. Dende as 8 da mañá ata as 7 da tarde andando sin parar, comemos uns bocadillos andando e cando non podiamos mais decidimos cear nunha tratoria, na zona do Trastévere que é famosa polo ambiente, como non podia ser doutra maneira ceamos pasta, moi rica e con pan da casa moi bo tamén.

Neste primeiro día visitamos o Vaticano, a Basilica de San Pietro, alí poidemos admirar a Piedade de Miguel Angel.Non vimos o Papa, nin poidemos entrar nos museos nin na Capela Sixtina, estaban cerrados por ser festivo asi que volvimos o luns, a pagar 16 € por cabeza, calculando a cantidade de cartos que fan por día aberto, en fin .... moitos, moitos. Vale a pena ver todo, as estancias de Rafael son preciosas, e a Capela Sixtina é impresionante, indescriptible, alí non se pode falar nin sacar fotos. Saimos pola escalinata.

Despois do Vaticano está o Castelo de San Angelo, que está comunicado co Vaticano por unha muralla por donde escaparía o Papa se fai falta. Collimos rumbo a Plaza Navona, os arredores son preciosos, teñen moitas macetas con loureiros e buxo polas calles, e incluso nos tellados teñen xardíns, a Plaza ten tres fontes barrocas, e na antiguedade foi un estadio, non moi lonxe está o Panteón que é o monumento mais antiguo e millor conservado de Roma, camiño del pódeste encontrar con pés xigantes de mármore, coa praza Minerva que ten unha escultura de Bernini dun elefante aguantando un obelisco exipcio.

Acabamos enfrente da Colina Capitolina, co monumento Victor Enmanuel adicado ó primeiro rei de Italia, pegados están a Igrexa de Santa María de Aracoeli coa súa escalinata, e ó lado a Cordonata presidida por dúas colosales estatuas: Cástor e Pólux que dan paso á Plaza Campidoglio diseñada por Miguel Angel, ós lados están os museos capitolinos con unha colección de esculturas e pinturas tamén impresionantes, de frente está o palacio Senatorio e por unha esquina accedes a paisaxe dos foros romanos e do Coliseo. Como podedes imaxinar resalto o mais importante porque é para ir coa boca aberta todo o camiño, a parte de doer os pés.

O domingo collemos o bus turistico para non andar tanto, podeste baixar e subir donde queiras e fomos á Fontana de Trevi diseñada por Nicola Salvi, está encaixonada entre as calles, pero é dunhas dimensións tan grandes e é tan bonita que volvimos de noite. Adicamos parte do dia a visitar os foros, cos seus arcos, que non nos poñiamos de acordo cal era o Arco de Constantino, de Tito e de Severo, os restos dos templos dos dioses e as residencias dos emperadores Romanos.

O Coliseo o maior anfiteatro de Roma donde cabían 55.000 persoas, poidemos fixarnos nas columnas, Dóricas, Jónicas e Corintias. Volvemos a coller o bus para baixar na plaza do Popolo, grandiosa, e a Trevi e dalí á Plaza de España pola vía do Corso e a via Condotti donde están os comercios dos diseñadores famosos, ejemm.. casi nada!.
Bueno unha boa cena de Pizza, deunos forzas para chegar ó Quirinale e ver a residencia de Berlusconi, pero os pés no daban para mais e buscamos o metro para ir ó hotel.
Cousas de Roma : cobran moito por tomar algo, así como 4€ por un café, sin embargo a comida é como aquí, os servicios están sempre no quinto pino e hai un solo para todos, non están señalizados; hai moita porquería pola calle, pero VALE A PENA!!