viernes, 21 de noviembre de 2008

Nadal???!!!



Ja! nada diso!, estamos en novembro, e non sei dende cando, pero onte fun a Ferrol e xa está todo adornado , si, todo moi bonito, todo moi fashion, todo entra polos ollos, que é o que pretenden , claro. ¿ Xa empezou a desesperación da xente por comprar? non vaia a ser que se acabe ¿ e a crise?.

Cando eu era pequena o Nadal empezaba a mediados de decembro, e non se sabe dende cando os nosos pais empezaban a xuntar selos ou puntos "valispar" para conseguir unha boneca, unha bici ou un tren, e como disfrutabamos con aqueles xoguetes! Os reis viñan o 6 de xaneiro, cousa que agora tanto eles como Papá Noel, aparecen sen avisar.
Nestas datas os que cantabamos no coro da escola íamos concursar ó Jofre, cantando panxoliñas en Galego ¡que nivelaso! sempre quedabamos de últimos, eu nono entendía, ó mellor había que ter instrumentos coma os outros colexios, pensaba.

A lotaría! agora ten que ser de Sort, do Gato Negro, ou de Doña Manolita, se a consegues aí ó mellor tócache. Acórdome un ano que a estabamos mirando, (porque era a música do dia 22), que cantaron o gordo, buah!!! era o noso!!!, saltamos, berramos, rimos, abrazámonos coma tolos, pero cando volveron a repetir o número, ooooh!, xusto o número do medio non coincidia, soubemos en moi pouco tempo o que era ser ricos, pero que pouco durou!.

O dia de Noiteboa ¿ ceamos? que barbaridade! pero se despois non podemos durmir, ou será polo discurso do rei?, o que si me gusta é estar coa family, é o cumple do noso cuñaao Solano e facémoslle soprar unha vela nun polvorón, e teno que comer enteiro, co que un polvorón conleva. As ceas de antes si que eran ceas, que bo estaba aquel bacallao que viña na cesta, resulta que era de pobres , como cambian as cousas! agora xa case non sabes que preparar para ese dia, a xente está chea.
Na miña casa nunca lle fixeron caso ó 25, pasamos del. Volviamos a xuntarnos o 31, ese si que era divertido, aínda que a miña avoa sempre estaba enferma ese dia, pero as uvas ¿ quen é o que non ría ou ri con elas? e despois festa! sen traxes de gala, que total son para estragar. ¿Sabedes que no pais vasco o día de ano vello, disfrázanse para saír? pois si.
O 1 de xaneiro non debía existir, porque non existe ninguén, é un aburrimento, solo de pensalo xa me aburro, menos mal que nos quedan os saltos de esquí.

E por fin os reis, teño aguantado o sono canto podía, pero nada, non lograba velos, tíñanme que despertar meus primos, e xa viñeran jo!.

Agora é tempo de solidariedade, de campañas benéficas, de apadriñar nenos, e de axudar ós demais, sen ir mais lonxe esta semana, miña nai, miñas cuñadas e mais eu, fixemos un paquete de 15 Kg para Cuba, despois dos furacáns quedaron sen nada, e alí está unha pequena parte da miña familia, téñolles que agradecer a Iria e Carlos que llelo fixeran chegar. GRAZAS! e mais que miñas son as deles.

No hay comentarios: