jueves, 6 de noviembre de 2008

A volta de Roma


Buen
o, xa estou de volta, a verdade é que aínda que foron 3 dias parece que foi unha semana, os que nunca foron a Roma é imposible imaxinar as grandiosidades que alí hai, esculturas, fontes, pinturas, templos, igrexas..... hai tanto de todo! e tan esaxeradamente grande! que animales eran os Romanos!
Foi a miña primeira vez en avión, non é que me entusiasmara demasiado, no despegue e o aterraxe mareábame, aínda por riba en Roma para aterrar había moitas turbulencias e non poidemos aterrar á primeira, así que volta a subir e baixar, aí doéronme os oídos. Unha vez se estabiliza aló enriba : ben.
Chegamos a Roma de noite, facía moita calor, buscamos o hotel e a durmir para levantarnos cedo e empezar a andar. Dende as 8 da mañá ata as 7 da tarde andando sin parar, comemos uns bocadillos andando e cando non podiamos mais decidimos cear nunha tratoria, na zona do Trastévere que é famosa polo ambiente, como non podia ser doutra maneira ceamos pasta, moi rica e con pan da casa moi bo tamén.

Neste primeiro día visitamos o Vaticano, a Basilica de San Pietro, alí poidemos admirar a Piedade de Miguel Angel.Non vimos o Papa, nin poidemos entrar nos museos nin na Capela Sixtina, estaban cerrados por ser festivo asi que volvimos o luns, a pagar 16 € por cabeza, calculando a cantidade de cartos que fan por día aberto, en fin .... moitos, moitos. Vale a pena ver todo, as estancias de Rafael son preciosas, e a Capela Sixtina é impresionante, indescriptible, alí non se pode falar nin sacar fotos. Saimos pola escalinata.

Despois do Vaticano está o Castelo de San Angelo, que está comunicado co Vaticano por unha muralla por donde escaparía o Papa se fai falta. Collimos rumbo a Plaza Navona, os arredores son preciosos, teñen moitas macetas con loureiros e buxo polas calles, e incluso nos tellados teñen xardíns, a Plaza ten tres fontes barrocas, e na antiguedade foi un estadio, non moi lonxe está o Panteón que é o monumento mais antiguo e millor conservado de Roma, camiño del pódeste encontrar con pés xigantes de mármore, coa praza Minerva que ten unha escultura de Bernini dun elefante aguantando un obelisco exipcio.

Acabamos enfrente da Colina Capitolina, co monumento Victor Enmanuel adicado ó primeiro rei de Italia, pegados están a Igrexa de Santa María de Aracoeli coa súa escalinata, e ó lado a Cordonata presidida por dúas colosales estatuas: Cástor e Pólux que dan paso á Plaza Campidoglio diseñada por Miguel Angel, ós lados están os museos capitolinos con unha colección de esculturas e pinturas tamén impresionantes, de frente está o palacio Senatorio e por unha esquina accedes a paisaxe dos foros romanos e do Coliseo. Como podedes imaxinar resalto o mais importante porque é para ir coa boca aberta todo o camiño, a parte de doer os pés.

O domingo collemos o bus turistico para non andar tanto, podeste baixar e subir donde queiras e fomos á Fontana de Trevi diseñada por Nicola Salvi, está encaixonada entre as calles, pero é dunhas dimensións tan grandes e é tan bonita que volvimos de noite. Adicamos parte do dia a visitar os foros, cos seus arcos, que non nos poñiamos de acordo cal era o Arco de Constantino, de Tito e de Severo, os restos dos templos dos dioses e as residencias dos emperadores Romanos.

O Coliseo o maior anfiteatro de Roma donde cabían 55.000 persoas, poidemos fixarnos nas columnas, Dóricas, Jónicas e Corintias. Volvemos a coller o bus para baixar na plaza do Popolo, grandiosa, e a Trevi e dalí á Plaza de España pola vía do Corso e a via Condotti donde están os comercios dos diseñadores famosos, ejemm.. casi nada!.
Bueno unha boa cena de Pizza, deunos forzas para chegar ó Quirinale e ver a residencia de Berlusconi, pero os pés no daban para mais e buscamos o metro para ir ó hotel.
Cousas de Roma : cobran moito por tomar algo, así como 4€ por un café, sin embargo a comida é como aquí, os servicios están sempre no quinto pino e hai un solo para todos, non están señalizados; hai moita porquería pola calle, pero VALE A PENA!!

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Pois sí que ten pinta de que o pasastedes ben, si.

Eu só fun a Roma cando tiña 16 anos na excursión de fin de curso e xa practicamente non recordo nada máis que cousas soltas, pero como ben dis, algo que recordo é o grande que é todo, cousas pequenas non che sabían facer, todo ao grande...

Alédome un montón de que o pasárades ben e de que andivérades tanto, e por suposto, tamén me alegro de ver que estás feita unha experta e o ben que escribes no teu novo blog.

Saúdos e ata moi prontiño.
Víctor, ese ex-dinamizador...

Anavic dijo...

Escribir aínda vou escribindo pero quería adaptar as fotos ó texto e non souben, porque primeiro escribín o texto e despois puxen as fotos todas xuntas e non sei se se poden intercalar despois de escrito o texto.
Grazas Víctor, por ter a paciencia de lelo.sn

loly dijo...

Ya veo que ayer fuiste a clase que hoy lo tienes todo muy colocadito,te quedo guay,y hablando de Roma espero que el café te supiera a GLORIA que por ese precio.....