martes, 21 de septiembre de 2010

Biscordel

Un ano mais xa pasou o día da nosa patrona, si, si, patrona, Biscordel é o nome dunha Santa, menos mal que a ninguén se lle ocorreu poñelo como nome a unha muller, porque orixinal é, non digades que non, pero bonito?! buf!. Eu non coñezo outra no mundo mundial, ademais hai xente que pensa que é un Santo, bueno ó mellor non o sabemos e resulta que xa antes habia santos gays, porque mais ben parece iso, nome de home, pero o que é a súa figura é bonita, é morena co pelo ondulado, non moi largo, aínda que agora que o penso non hai santas rubias, será polo de ser tontas?. A flor con que toda a vida se adornou a Santa no seu dia ( de feito por aquí chemaselle o ramo de biscordel) é esta:




Este ano houbo sorte co tempo, non choveu, fixo sol de día e un pouco de frio á noite, pero para correlo que mellor cousa que bailar, bailar bailamos eh! de día cos gaiteiros e de noite coas orquestas.



Foi un éxito que os cabezudos foran cos gaiteiros, seica era unha tradición moi anterga na nosa galiza e que en moi poucos sitios queda, a ver se logramos recuperala, pasase moi ben. Un dato interesante do Biscordel é que nos anos 50 facíase un globo coma o de Betanzos e botábase durante a función .
E xogamos ó escondite, a pillala silla, a bailar bailes mundiales, e que o día dos patróns sempre se come de mais e logo hai que queimar calorías para volver a cenar.





Creo que disfrutamos mais os grandes.... jajaja.
Só nos faltou unha cousa, o noso Iago, pero para o ano xa ven ó Biscordel, que o imos celebrar coma nunca, por él!!! virán tamén Xoel e André os nosos novos sobriños que nacerán en xeneiro e febreiro.