
Este ano houbo sorte co tempo, non choveu, fixo sol de día e un pouco de frio á noite, pero para correlo que mellor cousa que bailar, bailar bailamos eh! de día cos gaiteiros e de noite coas orquestas.

Foi un éxito que os cabezudos foran cos gaiteiros, seica era unha tradición moi anterga na nosa galiza e que en moi poucos sitios queda, a ver se logramos recuperala, pasase moi ben. Un dato interesante do Biscordel é que nos anos 50 facíase un globo coma o de Betanzos e botábase durante a función .
E xogamos ó escondite, a pillala silla, a bailar bailes mundiales, e que o día dos patróns sempre se come de mais e logo hai que queimar calorías para volver a cenar.



Creo que disfrutamos mais os grandes.... jajaja.
Só nos faltou unha cousa, o noso Iago, pero para o ano xa ven ó Biscordel, que o imos celebrar coma nunca, por él!!! virán tamén Xoel e André os nosos novos sobriños que nacerán en xeneiro e febreiro.
1 comentario:
Sempre me parecéu un nome raro...e ese nome tráeme un recordo tan doloroso...!!! ahí vivín un dos días malos da miña vida...que logo por sorte se arreglou....sería a Santa...quén sabe!!! pero mói ben que disfrutasedes e tamén vos lembrárades do pequeniño Iago, e seguro que o ano que ven estará con vos.Bico.
Ah!!! e esa da foto que quedóu sin silla??? parece algo pasmada...jejeje
Publicar un comentario