sábado, 27 de diciembre de 2008

Escalada



Non vos é tal escalada, pero en canto vexades as fotos ata o parece. Este sitio é en Igrexafeita, onde vivo. A excursión era para amosarlles a Alberto e Andrea as preciosas vistas que dende a Pena do Rei Mouro se ven, xa era un pouco tarde e no canto de ver Ferrol vimos néboa todo ó redor.
Alberto e Andrea son tío e sobriña, de nacionalidade Uruguaya, evidentemente viven no Uruguay, alí non hai montañas, o pico mais alto ten 500mtrs de altura, ademais están no verán, así que isto de encontrar xeada coma esta no mes de Decembro que comen o turrón na praia, non lles resulta fácil.
A historia repítese, antes eran os nosos avós e pais os que emigraban e agora son os fillos e netos dos que se foron os que teñen que voltar, o pai de Andrea, tibo que emigrar a España para mellorar as súas vidas, Andri veu coñecer onde vive seu pai, e mais o resto da familia paterna, que somos nós.
O machu-pichu que está con Andri é meu irmán Alex, e ó fondo está a nosa parroquia.
Andri é unha meniña moi positiva, a todo lle saca algo bo, nunca pensa en negativo, é asombrosa.






Alex e Andri, Alberto e Nieves, xunto a silla da Pena do Rei Mouro, que conta a lenda que o rei dominaba as súas terras dende alí arriba sentado.

domingo, 14 de diciembre de 2008

Roupa!

Hai uns dias que a miña cabeza anda dando voltas, non acaba de encontrar a maneira de desfacerse da roupa usada dun xeito adecuado. Xa sei que hai contedores adicados á súa recollida, e que a que vale pódese levar a cáritas , e todo iso está ben , pero creo que debería haber mais solucións.
Creo que deberíamos concienciarnos para ter a roupa necesaria e non semellantes armarios!, por outra banda as fibras naturais obtéñense de recursos limitados e as fibras sintéticas contribúen ó esgotamento do petróleo. Por iso creo que deberían existir mais formas de reciclar a roupa.
Falta conciencia de que a roupa pódese reciclar, non só para facer novas prendas, se non para facer recheos, vestir a xente sen recursos ou revendela ¿porqué non?.

lunes, 1 de diciembre de 2008

A Neve


Chegou, si señor, a neve este ano madrugou, e nós ansiosos de xogar con ela fomos á Gañidoira, xa non era moi cedo e tiñamos medo de non encontrala, pero alí estaba agardando por nós.

Levamos ó pequecho da casa, era a súa primeira vez, o seu primeiro contacto coa neve, ó principio parece que lle gustou todo aquilo branco, podíaselle dar patadas e pisala , miraba con cara de "ohh" que guay. Pero... o problema veu cando houbo que tocala ¡que fria!, non quería saber nada. Despois veu a proba do trineo, xa non estivo tan mal, esbarrar por alí abaixo era divertido.Como non podía ser doutra maneira, o trineo deu unhas cantas voltas.



Foi un dia curto pero intenso, ademais non tivemos frío, sería pola "raclete" de Nando e Cecilia ¿ non sabedes que é ?, pois unha comida suíza que consiste en patacas cocidas enteiras sen sal cubertas con queixo fundido de raclete con pementa negra, acompañado con pepinillos en vinagre, uhmm! está boisima anque soe rara. Invitovos a probala.


viernes, 21 de noviembre de 2008

Nadal???!!!



Ja! nada diso!, estamos en novembro, e non sei dende cando, pero onte fun a Ferrol e xa está todo adornado , si, todo moi bonito, todo moi fashion, todo entra polos ollos, que é o que pretenden , claro. ¿ Xa empezou a desesperación da xente por comprar? non vaia a ser que se acabe ¿ e a crise?.

Cando eu era pequena o Nadal empezaba a mediados de decembro, e non se sabe dende cando os nosos pais empezaban a xuntar selos ou puntos "valispar" para conseguir unha boneca, unha bici ou un tren, e como disfrutabamos con aqueles xoguetes! Os reis viñan o 6 de xaneiro, cousa que agora tanto eles como Papá Noel, aparecen sen avisar.
Nestas datas os que cantabamos no coro da escola íamos concursar ó Jofre, cantando panxoliñas en Galego ¡que nivelaso! sempre quedabamos de últimos, eu nono entendía, ó mellor había que ter instrumentos coma os outros colexios, pensaba.

A lotaría! agora ten que ser de Sort, do Gato Negro, ou de Doña Manolita, se a consegues aí ó mellor tócache. Acórdome un ano que a estabamos mirando, (porque era a música do dia 22), que cantaron o gordo, buah!!! era o noso!!!, saltamos, berramos, rimos, abrazámonos coma tolos, pero cando volveron a repetir o número, ooooh!, xusto o número do medio non coincidia, soubemos en moi pouco tempo o que era ser ricos, pero que pouco durou!.

O dia de Noiteboa ¿ ceamos? que barbaridade! pero se despois non podemos durmir, ou será polo discurso do rei?, o que si me gusta é estar coa family, é o cumple do noso cuñaao Solano e facémoslle soprar unha vela nun polvorón, e teno que comer enteiro, co que un polvorón conleva. As ceas de antes si que eran ceas, que bo estaba aquel bacallao que viña na cesta, resulta que era de pobres , como cambian as cousas! agora xa case non sabes que preparar para ese dia, a xente está chea.
Na miña casa nunca lle fixeron caso ó 25, pasamos del. Volviamos a xuntarnos o 31, ese si que era divertido, aínda que a miña avoa sempre estaba enferma ese dia, pero as uvas ¿ quen é o que non ría ou ri con elas? e despois festa! sen traxes de gala, que total son para estragar. ¿Sabedes que no pais vasco o día de ano vello, disfrázanse para saír? pois si.
O 1 de xaneiro non debía existir, porque non existe ninguén, é un aburrimento, solo de pensalo xa me aburro, menos mal que nos quedan os saltos de esquí.

E por fin os reis, teño aguantado o sono canto podía, pero nada, non lograba velos, tíñanme que despertar meus primos, e xa viñeran jo!.

Agora é tempo de solidariedade, de campañas benéficas, de apadriñar nenos, e de axudar ós demais, sen ir mais lonxe esta semana, miña nai, miñas cuñadas e mais eu, fixemos un paquete de 15 Kg para Cuba, despois dos furacáns quedaron sen nada, e alí está unha pequena parte da miña familia, téñolles que agradecer a Iria e Carlos que llelo fixeran chegar. GRAZAS! e mais que miñas son as deles.

lunes, 17 de noviembre de 2008

Presento

Vouvos presentar ás dúas persoas que nos invitaron a ir a Roma: Fernando e Cecilia.



Son uns enamorados das viaxes: Estambul, Amsterdam, Shanghai, Londres, Exipto, Alemania, Liverpool, Moscú, Xibraltar, Roma.... e mais que non me acordo.


Cecilia controla as viaxes por internet ó mellor prezo, mais se temos algunha doenza xa non temos problema e Fernando controla os idiomas e a xeografía podémoslle preguntar por calquera cidade, río, montaña do mundo que él sabe onde está.
Sonvos bos rapaces, estase moi ben con eles!
Grazas rapaces pola invitación!

jueves, 6 de noviembre de 2008

A volta de Roma


Buen
o, xa estou de volta, a verdade é que aínda que foron 3 dias parece que foi unha semana, os que nunca foron a Roma é imposible imaxinar as grandiosidades que alí hai, esculturas, fontes, pinturas, templos, igrexas..... hai tanto de todo! e tan esaxeradamente grande! que animales eran os Romanos!
Foi a miña primeira vez en avión, non é que me entusiasmara demasiado, no despegue e o aterraxe mareábame, aínda por riba en Roma para aterrar había moitas turbulencias e non poidemos aterrar á primeira, así que volta a subir e baixar, aí doéronme os oídos. Unha vez se estabiliza aló enriba : ben.
Chegamos a Roma de noite, facía moita calor, buscamos o hotel e a durmir para levantarnos cedo e empezar a andar. Dende as 8 da mañá ata as 7 da tarde andando sin parar, comemos uns bocadillos andando e cando non podiamos mais decidimos cear nunha tratoria, na zona do Trastévere que é famosa polo ambiente, como non podia ser doutra maneira ceamos pasta, moi rica e con pan da casa moi bo tamén.

Neste primeiro día visitamos o Vaticano, a Basilica de San Pietro, alí poidemos admirar a Piedade de Miguel Angel.Non vimos o Papa, nin poidemos entrar nos museos nin na Capela Sixtina, estaban cerrados por ser festivo asi que volvimos o luns, a pagar 16 € por cabeza, calculando a cantidade de cartos que fan por día aberto, en fin .... moitos, moitos. Vale a pena ver todo, as estancias de Rafael son preciosas, e a Capela Sixtina é impresionante, indescriptible, alí non se pode falar nin sacar fotos. Saimos pola escalinata.

Despois do Vaticano está o Castelo de San Angelo, que está comunicado co Vaticano por unha muralla por donde escaparía o Papa se fai falta. Collimos rumbo a Plaza Navona, os arredores son preciosos, teñen moitas macetas con loureiros e buxo polas calles, e incluso nos tellados teñen xardíns, a Plaza ten tres fontes barrocas, e na antiguedade foi un estadio, non moi lonxe está o Panteón que é o monumento mais antiguo e millor conservado de Roma, camiño del pódeste encontrar con pés xigantes de mármore, coa praza Minerva que ten unha escultura de Bernini dun elefante aguantando un obelisco exipcio.

Acabamos enfrente da Colina Capitolina, co monumento Victor Enmanuel adicado ó primeiro rei de Italia, pegados están a Igrexa de Santa María de Aracoeli coa súa escalinata, e ó lado a Cordonata presidida por dúas colosales estatuas: Cástor e Pólux que dan paso á Plaza Campidoglio diseñada por Miguel Angel, ós lados están os museos capitolinos con unha colección de esculturas e pinturas tamén impresionantes, de frente está o palacio Senatorio e por unha esquina accedes a paisaxe dos foros romanos e do Coliseo. Como podedes imaxinar resalto o mais importante porque é para ir coa boca aberta todo o camiño, a parte de doer os pés.

O domingo collemos o bus turistico para non andar tanto, podeste baixar e subir donde queiras e fomos á Fontana de Trevi diseñada por Nicola Salvi, está encaixonada entre as calles, pero é dunhas dimensións tan grandes e é tan bonita que volvimos de noite. Adicamos parte do dia a visitar os foros, cos seus arcos, que non nos poñiamos de acordo cal era o Arco de Constantino, de Tito e de Severo, os restos dos templos dos dioses e as residencias dos emperadores Romanos.

O Coliseo o maior anfiteatro de Roma donde cabían 55.000 persoas, poidemos fixarnos nas columnas, Dóricas, Jónicas e Corintias. Volvemos a coller o bus para baixar na plaza do Popolo, grandiosa, e a Trevi e dalí á Plaza de España pola vía do Corso e a via Condotti donde están os comercios dos diseñadores famosos, ejemm.. casi nada!.
Bueno unha boa cena de Pizza, deunos forzas para chegar ó Quirinale e ver a residencia de Berlusconi, pero os pés no daban para mais e buscamos o metro para ir ó hotel.
Cousas de Roma : cobran moito por tomar algo, así como 4€ por un café, sin embargo a comida é como aquí, os servicios están sempre no quinto pino e hai un solo para todos, non están señalizados; hai moita porquería pola calle, pero VALE A PENA!!

jueves, 30 de octubre de 2008

Roma?

Xoves 30 de Outubro, un dia mais sin interés, a non ser que fun cambiar uns zapatos a Narón por segunda vez,( e que os meus pés non son normales, son cavos) para poder andar cómoda pola cidade eterna, centro da civilización europea, dos pintores, escultores..., visitaremos o Vaticano, principalmente queremonos parar na Capilla Sixtina, e admirar a Rubens e Miguel Angel. Se poido, sacarei tantas fotos que se me acabarán as pilas, haber se non se me acaban a min. Á volta colgarei algunha foto, se non me leva moito tempo, claro.

viernes, 24 de octubre de 2008

Igrexafeita


Así mesmo é , en Igrexafeita a igrexa está feita, e vos ben bonita, dentro ten unhas pinturas de non sei que século porque a min gústame como edificio historico pero polo resto....

¿plátanos e cabalos?



Vou meter unha foto aquí mesmo. Vades ver as bestas de meu irmán, pero quen as cuida son meus pais. Agora só está a pequena que lle gusta moito a Néstor e Xiana: Chámase Carmela e gústanlle moito os plátanos, será que o seu pai era do Sur ou que lle gusta repoñer potasio.

miércoles, 22 de octubre de 2008

Primeiras fotos


Hoxe imos facer unha nova entrada no blog, haber que se nos ocorre, porque un cando non está inspirado é difícil expresar cousas.
Bueno a idea é da profe, imos subir unha foto de cada un, na aula de dinamizazón.
A fotografa: A profe Ana. Dixo que saca moi ben as fotos, haber se fai milagres !

lunes, 20 de octubre de 2008

A primeira benvida

Hoxe empezo o meu blog
douvos a benvida
espero que vos guste
e non teñades envidia.