sábado, 27 de diciembre de 2008

Escalada



Non vos é tal escalada, pero en canto vexades as fotos ata o parece. Este sitio é en Igrexafeita, onde vivo. A excursión era para amosarlles a Alberto e Andrea as preciosas vistas que dende a Pena do Rei Mouro se ven, xa era un pouco tarde e no canto de ver Ferrol vimos néboa todo ó redor.
Alberto e Andrea son tío e sobriña, de nacionalidade Uruguaya, evidentemente viven no Uruguay, alí non hai montañas, o pico mais alto ten 500mtrs de altura, ademais están no verán, así que isto de encontrar xeada coma esta no mes de Decembro que comen o turrón na praia, non lles resulta fácil.
A historia repítese, antes eran os nosos avós e pais os que emigraban e agora son os fillos e netos dos que se foron os que teñen que voltar, o pai de Andrea, tibo que emigrar a España para mellorar as súas vidas, Andri veu coñecer onde vive seu pai, e mais o resto da familia paterna, que somos nós.
O machu-pichu que está con Andri é meu irmán Alex, e ó fondo está a nosa parroquia.
Andri é unha meniña moi positiva, a todo lle saca algo bo, nunca pensa en negativo, é asombrosa.






Alex e Andri, Alberto e Nieves, xunto a silla da Pena do Rei Mouro, que conta a lenda que o rei dominaba as súas terras dende alí arriba sentado.

2 comentarios:

coruxa dijo...

como lle decían a Carmen Maura...

Nena, tu vales mucho.


Seguide así,

bicos

rosa dijo...

Menudo blog que te motache!ben que promociones a Mafalda,esa gran desconocida,Hay 20 e pico de anos que a leo, si, unha e outra vez ,sempre encontro algún detalle que reinterpreto.Teño todo o que se publicou dela.Bicos Ana!