viernes, 24 de abril de 2009

Larpeiras!



Esta vai de doces!

Despois de sete dias de aprender a cociñar larpeiradas para sumar calorías, temos o resultado, dende: unha Tarta Sacher, uns canutillos de nata, uns profiteroles, incluso unhas orellas en forma de man, etc...

Pero o que se levou a palma foi unha tortilla! si si, unha tortilla, normal e corrente pero.... non sabe coma as demais, non, está feita ó lume da lareira en tixola de ferro, e ten un toque de sabor a fume que a fai deliciosa!.
O que era a despedida do curso de pastelería da asociación, levando cada unha un doce, converteuse nun dia de alabanza á tortilla de ovos e patacas. As profes queríana probar, e abofé que non sobrou nada dela!

.

viernes, 3 de abril de 2009

Unha nena revolucionaria


Xa hai 40 anos que Mafalda se quería baixar do mundo, non entendía que os adultos o levaran tan mal, ¿e qué pensará agora?.

Tivo sorte de ser creada muller e non ser discriminada, e poder por de manifesto os seus ideais libertarios e revolucionarios, a súa inocencia e o seu inconformismo, poderíao facer porque detrás estaba un home?.

A España chegou no 1970 e o goberno franquista obrigou ós editores a poñer na tapa do libro: " para adultos", non fora ser que nos fixera reflexionar demais ós rapaces! e mais parece que os tempos de hoxe se queiran repetir con aqueles.
Retratou moitos aspectos do xénero humano que vos seguen a ser os mismiños,reflexionaba sobre a política, o sexo, as inxustizas sociais ,a relixión.....e criticaba ós seus pais por ser conformistas. Non se separaba da súa radio porque lle preocupaba a situación mundial e quería actualizarse. Vaia! a min paréceme unha nena ideal! pero que pouco aprendemos dela.

Ten moitas frases famosas, e todas invitan a reflexionar, eu escollín algunhas haber que vos parecen:
¡ Resulta que se un non se apura a cambiar o mundo, despois o mundo é o que o cambia a el!.

¡ É terrible ver que á xente lle importa mais calquera serie de tv. que o lio de Irak!

O peor é que o empeoramento empeza a empeorar.

¿Non sería mais progresista preguntar: onde imos a seguir? que: onde imos a parar?

Invítovos a flexionar. Mellor dito, invítavos Mafalda.