viernes, 30 de abril de 2010

Cáceres - Trujillo


O Voley tamén deixou tempo para unhas escapadiñas, o centro histórico de Cáceres, a cidade xa estivo habitada dende a prehistória, pasando despois polos romanos, os árabes, os frates... pero é no s.XVI cando a cidade completa case definitivamente o seu conxunto monumental, coa construcción da maioría dos palacios e casas señoriais, está reconocida pola UNESCO dende 1986 como cidade Patrimonio da humanidade.







O barrio xudeu.




A praza Maior.
En Cáceres hai un queixo de moita fama: A Torta do Casar. Nos comémolo con solomillo quente, estaba bo, pero case sempre se come untado en pan, que xa é mais para quen lle guste o queixo.


Trujillo.



Resulta que cando chegamos a Trujillo dentro do casco historico estaban poñendo carpas, e enteramonos onte que era para a festa do queixo e inaugurarona os principes, bueno, dise de Trujillo que é grande e parece unha fortaleza, e así mesmo é. Francisco Pizarro, Francisco de Orellana e mais descubridores de America danlle un impulso arquitectónico de enorme valor histórico-artístico, sendo unha das mais fermosas de Extremadura, tamén unha das que mais rehabilitación necesita, ten 36 sitios que se poden visitar, conventos, iglesias, alcázares, palacios, casas, O castelo árabe... todo dentro da fortaleza e por calles empedradas e angostas.








E tamén hai habitantes con dúas alas e un pico moi largo....

lunes, 26 de abril de 2010

Voley en Cáceres




O Sansa Voley-Aldabarán, chegou ás finales para o ascenso á liga fev nacional, xogabase en Cáceres, e aló fomos de animadores, foron un exemplo de boas prácticas deportivas, estamos moi orgullosos deles, aínda que non conseguiran o ascenso, demostraron contra Madrid, Ibiza, Andorra, Valladolid e Cáceres, que somos tan bos xogadores coma eles, salvando as diferencia de idades, ( o noso xogador mais vello ten 26 anos, cando os do Madrid, por exemplo, o mais novo debía ter 32). Demostrando a alegría nos partidos ganados e o bon saber perder, deixaron a San Sadurniño nun posto de honor e orgullo. Digo todo isto porque é verdade. Cando perdeu o Cáceres contra deles, pensei que non era verdade o que vía, xogadores ensinando o dedo corazón a o público de sansa!, que vergonza!. Cando o Sansa perdía dirixíanse a o público aplaudindo con respeto, incluso algunha vez festexaron cos gañadores.




De principio a fin oíanse os animos para o Sansa.



E deixo as visitas do Centro historico de Cáceres e Trujillo para outra entrada.