lunes, 26 de abril de 2010

Voley en Cáceres




O Sansa Voley-Aldabarán, chegou ás finales para o ascenso á liga fev nacional, xogabase en Cáceres, e aló fomos de animadores, foron un exemplo de boas prácticas deportivas, estamos moi orgullosos deles, aínda que non conseguiran o ascenso, demostraron contra Madrid, Ibiza, Andorra, Valladolid e Cáceres, que somos tan bos xogadores coma eles, salvando as diferencia de idades, ( o noso xogador mais vello ten 26 anos, cando os do Madrid, por exemplo, o mais novo debía ter 32). Demostrando a alegría nos partidos ganados e o bon saber perder, deixaron a San Sadurniño nun posto de honor e orgullo. Digo todo isto porque é verdade. Cando perdeu o Cáceres contra deles, pensei que non era verdade o que vía, xogadores ensinando o dedo corazón a o público de sansa!, que vergonza!. Cando o Sansa perdía dirixíanse a o público aplaudindo con respeto, incluso algunha vez festexaron cos gañadores.




De principio a fin oíanse os animos para o Sansa.



E deixo as visitas do Centro historico de Cáceres e Trujillo para outra entrada.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Tamén quero felicitalos, porque aínda que non ascendesen, fixerónno moi requeteben!!!! e a tí, como non, agradecerche que compartas a viaxe con nós. Un bico.