domingo, 9 de enero de 2011

Vai de blanco.



Eu non me esquecía de publicar algo no blog o que non sabía era o que ía poñer, porque sempre se me viña á cabeza a mesma cousa e non quería poñer nada diso.



Este ano polo Nadal a asociación veciñal fixo unha exposición de fotos de comunións e bodas que houbo na parroquia, dende as mais novas ás mais vellas. Os ferrolanos fan en FIMO o salón de Blanco pois nós fixemolo no local. A xente colaborou con ganas e xuntamos unha boa morea de fotos e complementos de ditos eventos. Houbo fotos moi vellas e tamén das que non existen, si, si, porque o Nadal inclue o dia dos Santos inocentes..... jijiji. Fixemos unha montaxe, moi caseira, pero que a xente creeu que era certo.
¡¡ Casamos a Isabel e a David!! e quedaron así:



Eu non podía creer que a xente o creera, ¡ se Anxo é mais pequeno! e David non ía levar ese traxe!!. Pois a algúns coloulles.
Pasamos uns días de recordos e risas cos veciños, que valeron a pena, a parte de disfrutar con eles un chocolatiño quente para o frio.