sábado, 5 de febrero de 2011

Froita



Tiben un antoxo, meteuseme na cachola mercar canta froita atopara, Pitihayas, Pasifloras, Peras, Piña, Kiwis, Amorodos, Cirolas, Mazás de mil clases, Mango, Granada, Nashis........ Pero non puiden! non me cabían na bandexa.
Antes cando parían as mulleres regalabanlles viño Sanson, unha galiña para sopa, chiculate, coñac... en fin cousas de probeito, xa sei que antes non había a abundancia de hoxe, e que esas mesmas cousas agora case non terían xeito. Facendo memoria a min unha veciña regaloume sopa, jejeje. O que quería dicir é que agora todo o mundo regala flores ou plantas, enchense as casas de cestos cheos de plantas, que están chulos... pero non se nos ocorren outras ideas ou que??.
Pois por si algún dia tedes que facer un regalo que non sexa igual que os demais podedes copiarme a bandexa de froita que lle preparei á primeira parida, a nai de Xoel, a segunda que será esta semana levará outra parecida, ou se non unha cesta chea de variedades de chocolate lindt como lle fixen hai 4 anos á nai de Iago. A calquera das dúas gustoulles moito o regalo.