sábado, 9 de enero de 2010

A neve




Pola mañá cando me levantei non o dudei nada, collín a cámara, e funme para un dos sitios mais altos de Igrexafeita. Non podia asimilar tanta beleza! era como se ó respirar se me fora derreter a neve, e non quería!. Fixen o que puiden, hai que aprobeitar o momento así que ás 9 da mañá estaba en marcha, e isto foi o que atopei.




E cando vas polo camiño...



e chegas ó final:






Ahí está Igrexafeita! bueno non toda, eh!.

sábado, 2 de enero de 2010

Celanova

Camiño de Lobios, pódese pasar por Celanova, terra de escritores como Celso Emilio Ferreiro, Curros Enrriquez e a súa Virxe do Cristal e Mendez Ferrín. Terra tamén de danzantes e bandas de música. Ourense, dentro da nosa galiza, outras costumes, quizais mais arraigadas. A matanza do porco é un acontecemento, ese dia os pequenos non van á escola, xuntanse 20 ou 30 persoas para tal quefacer, aquí non se comen as tripas, nin nunca tal fixeron, fanse os chourizos de carne ou de cabaza. O magosto outra festa case sagrada, e as bandas de música e os seus ensaios, algo que non falta en cada pobo. A romaria da Ramallosa, a daVirxe do Cristal, e a subida ó Castro Mao, son festas de verán que enchen Celanova de xente.




Monasterio de San Salvador, fundado por San Rosendo, nel atópase o concello, un instituto e algo mais que non me acordo.




Vilanova dos Infantes- a 2km de Celanova. É un pequeno pobo que moitas das súas casas están feitas coas pedras do castelo e outras aprobeitando o muro que o rodea, a foto está sacada dende a Torre.