sábado, 2 de enero de 2010

Celanova

Camiño de Lobios, pódese pasar por Celanova, terra de escritores como Celso Emilio Ferreiro, Curros Enrriquez e a súa Virxe do Cristal e Mendez Ferrín. Terra tamén de danzantes e bandas de música. Ourense, dentro da nosa galiza, outras costumes, quizais mais arraigadas. A matanza do porco é un acontecemento, ese dia os pequenos non van á escola, xuntanse 20 ou 30 persoas para tal quefacer, aquí non se comen as tripas, nin nunca tal fixeron, fanse os chourizos de carne ou de cabaza. O magosto outra festa case sagrada, e as bandas de música e os seus ensaios, algo que non falta en cada pobo. A romaria da Ramallosa, a daVirxe do Cristal, e a subida ó Castro Mao, son festas de verán que enchen Celanova de xente.




Monasterio de San Salvador, fundado por San Rosendo, nel atópase o concello, un instituto e algo mais que non me acordo.




Vilanova dos Infantes- a 2km de Celanova. É un pequeno pobo que moitas das súas casas están feitas coas pedras do castelo e outras aprobeitando o muro que o rodea, a foto está sacada dende a Torre.

1 comentario:

chelopicos@hotmail.es dijo...

¡Que cousas bonitiñas temos no noso país! ¿e logo porque non veremos primeiro o que temos nós? e logo, si sobra tempo! xa miraríamolo alleo?