jueves, 19 de noviembre de 2009

¿Quen se aburre?



Todo o mundo, ou case todo, ten un momento de ocio, eu tamén o teño, unha das cousas que mais me gusta é o encaixe, e mais que velo, gústame facelo. Hai xa moitos anos que aprendín, por saber como era aquilo de mover os palillos, fixen a miña primeira puntilla, e fixen toda a bobina de fío ata que se me acabou!, nunca mais lle fixen caso, nin á puntilla, nin ós bolillos, ata que me volveu a entrar o gusanillo hai tres anos, por culpa de miña nai, a quen tamén lle intrigaba saber iso de como se moven os palillos, e agora palillamos as dúas. Nós mesmas fixemos os sacos, e moita herba seca levan!!!.




Pensando que xa non me ía acordar leveime unha sorpresa de min mesma, non só me acordaba, se non que me resultou moito mais fácil que a primeira vez, incluso aprendendo novos puntos. Miña nai está facendo unha Kilometrica!



Estas son as últimas que fixen, vounas poñer nun pano de liño con punto de incruste, nada de máquina!
¿Quen se anima?

4 comentarios:

chelo dijo...

¡Aja! se virades a velliña como palilla! eche moito! logo reuse de min porque non teño (donaire)jajaja! pero aí sigo enguedellando os fios, grazas a tí, anque recoñezo que me gusta, e que me costou un juevo aprender,eu tampouco teño tempo de aburrirme anque algunha vez......._-_-_xa me jo.. tanta monotonia.

Un bico

uveic dijo...

Non coñecía eu esa faceta vosa, dádeslle a todo, así da justo!!

A min o do encaixe non me chama moito, paréceme moi complicado e ademáis fai falta moita paciencia, e a verdade, tampouco me gustan moito os trapiños que saen... e ademáis ten pinta de ser supercomplicado.

Pero falando de manualidades dicir que sempre me apeteceu aprender cestería, e algún día hei de aprender a facer cestos de todo tipo.

Por certo, volvéndo ao encaixe, xa che esinarei un vídeo que fixemos en Sada, parecido ao Memoria de muller que fixo Chelo pero sobre oficios tradicionais, unha señora de Sada falou da súa aficción ao encaixe. Quedoulle un vídeo moi chulo e seguro que che ha de gustar, en canto esté dispoñible pásoche unha ligazón para que o vexas/vexades.

Bicos!

Anónimo dijo...

Manda ovos!!!! sempre tiven ganas de aprender.... de momento aínda non, pero chegará seguro!!! séi facer varias cousiñas de manualidades, e a verdade e que se pasa o tempo voando... veña, a darlle con ánimo, e a túa nai que siga querendo aprender de todo.....e admirable.
Bicos.

Anavic dijo...

Ola!
Ben, pois a min tampouco che me gustaban moito os encaixes, pero por saber.... ó final engancha,é artesanía igual que a cestería, que tamén sabemos facer miña nai mais eu, non é que sexamos moi curiosas nese campo, pois necesita moita practica. Debo de ter na casa coma uns 9 cestos, pero so 2 feitos por min.
Jajaja ,estoume imaxinando a Victor palillando....
Espero o enlace.
Bicos!