martes, 10 de noviembre de 2009

Aí van 25 anos!



Hai veces que me parece que pasaron mais de 25 anos porque non me acordo de moitas cousas, e outras veces penso: ¿pero xa hai 25 anos?, si, cumpríronse este ano.

Acabouse a E.X.B. e cada un colleu o camiño que a vida lle deparou, nunca mais nos volvemos a xuntar, ata o outro dia que fixemos unha cea para recordar vellos tempos, e recordamos! vaia se recordamos!; que se os profes eran así ou asá , que se ós rapaces lles gustaban as rapazas, que se os había malos coma o demo ou que se metían con nós, que había boas ximnastas, boas estudantes, boas deportistas, boas dibuxantas, cada un recordou ulgunha historia que os demais tiñamos esquecida. Que bos recordos!. Botei de menos algunha xente que non puido vir, e sobre todo a miña amiga Ana R. B..



Seica quedaron ganas de repetir, e imos intentar que os que están fora poidan vir tamén, pero iso será para o ano.....

3 comentarios:

chelo dijo...

¡¡¡¡carallo!!!! que vellos ides!!!! o pior e que fallan moitos, e o mais malo e quen fallou pra sempre, oxalá dentro de outros 25 volvades a xuntarvos todos, seria moi bó,Parabens pra todos!!!!!!

Anónimo dijo...

Isto sí que é farra!!!! fixestes mói ben xuntarvos....coñezo a casi todos e todas, ata teño unha parente....gracias por deixarnos ver un pouquiño e a seguir o próximo ano....non tardedes 25, porqué non se saben si fallan máis!!!! Bicos.

loly dijo...

ya veo que el le sacaste partido al curso muy bien hecho el collagge, ah¡¡¡ y la carallada tambien, alguno hay por ahí conocido si je je....