miércoles, 28 de octubre de 2009

Toma tomates!




Vou estrear o mes de outubro, que xa ía sendo hora.

Quero compartir con todos algo que a min me gusta moito, pero que me da pena, ¿e que é?, pois a miña horta!, e dánme pena moitas cousas: non ter forza para traballala, non ter aguante físico, porque traballo media hora e xa non podo mais, e mais porque á xente parece que isto da agricultura non lle mola nada, e digo eu, ¿e logo de que pensan que se come? ¿das cousas artificiais?, que aínda que moitas leven compostos que non coñecemos, como por exemplo graxas hidroxenadas (que son as peores) algo que produza a terra haberá que botar, dijo eu!, ás galletas haberalles que botar fariña, ó colacao algún cacao, é as carnes aínda que sexan de granxa e coman penso, o penso levará cereais transxénicos, polo menos. Ben agradecidos tiñan que estar de nos.

En resumo, que eu mentras poda, a miña hortiña heina de facer, e é sorprendente as cousas que pasan nela, este ano naceume un tomate ventureiro e como tiña moito espazo no invernadoiro deixeino estar, din que os hai que podar, poñerlles un tutor para que se aguanten de pé, sulfatar para a peste, para os pulgóns, para as eirugas.... eu pasei de todo iso, total, eu plantara outros. Pois veredes que pasou:



Esta é a plantiña do tomate! e saco cada dous ou tres dias un caldeiro deles!

Outra cousa curiosa, sementei cabazas, todas da mesma semente do ano pasado e pasou o seguinte:



Non me digades que non mola!.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Por suposto qué mola!!!!e se alguén non se adicara a ísto, qué se comería????a verdade e que a mín gústame prantar, e tamén recoller....pero o que é intermedio(léase sacar herbiñas, etc...)non me mola nadiña....veña, a seguir producindo, biquiños.

Anónimo dijo...

OH¡¡¡¡¡¡ pero.....¿no salen de la nevera? ¿que me estás contando? je,je, soy la pija de la ciudad. Ahora hablando en serio, esa tierra tiene que estar super-abonada

vic dijo...

Aínda recordo aqueles tomates con forma de 8!! E agora parece que che saen tomates de 8 en 8... pero que lle fas a esa terriña nese invernadoiro??

Bicos!!

Anavic dijo...

Ola a todos!
Pois á terra levo dous anos sen facerlle nada, antes si que estercaba dúas veces ó ano, pero agora non hai tempo. É verdade, primeiro con 8 e agora de 8 en 8, jajaja!.
Bicos!