domingo, 13 de septiembre de 2009

Alba de Tormes - Salamanca




Despois de facer unhas compras de embutidos en Peñaranda de Bracamonte ( que por certo, están de vicio!) marchamos a visitar as terras da Duquesa de Alba; todos os pobos de por alí que leven o nome Alba é que foron ou teñen propiedades os Alba.
Un pobo moi acolledor, e que foi un dos focos mais importantes da cultura en España. Visitamos o Castelo do século xv, foi o gran Duque de Alba quen o transforma en Castelo-palacio e cuna da Casa de Alba, o Duque era moi bo estratega e ganaba todas as batallas, entón dentro do castelo mandaba pintar frescos de batallas, actualmente só se conserva a torre do homenaxe, que é onde están as pinturas e un museo con pezas alí encontradas.



Na igrexa da Anunciación está o sepulcro de Santa Teresa de Xesús onde poidemos ver o seu brazo esquerdo e o corazón, ejem.... A basilica de Santa Teresa é de estilo neogotico.



Unha das rapazas de información invitounos a ir pola noite porque había unha capea, xa veredes o que é.
De volta a Peñaranda para comer no" Oso y el Madroño", restaurante con moita sona, comemos cochinillo ou como lle chaman eles Tostón, e nunca mellor dito ¡que tostón comer aquilo sen patacas! porco a pelo! estaba moi bo pero así solo enche que non vexades!
Unha sesta cativa para asimilar os 40 graos e andando...


Chegamos a Salamanca!

¡ QUE PASADA! A cidade mais monumental de España.


A Praza maior, a mais bonita !!, é barroca, nela está o concello. Casa das conchas considerada monumento de arte civil. A universidade a mais antiga de España, a fachada é de estilo plateresco, tallada en pedra, co busto dos reis católicos e o escudo imperial de Carlos V.A universidade pontificia. A catedral vella destaca a súa cúpula bizantina coñecida como "Torre del Gallo". A catedral nova, nesta catedral cada vez que se fai unha reforma tallase dentro dela algo referente a algún acontecemento que pase nese ano, nós vimos a un astronauta. Palacios hai a dar cos pés, e conventos outros tantos. A casa de Lis , que agora é unha sala de exposicións, colga as súas galerías cara ó rio Tormes. As escolas menores, , a ponte romana, a horta de Calixto e Melibea, o Lazarillo de Tormes...



Hai unhas Historias moi chulas da universidade, veredes na súa fachada hai esculpida unha ra, o que a encontre xa non lle fai falla estudar porque vai ter sorte, e se non a ves tes que comprala, para ter sorte. " Vivir da sopa boba" tamén sae da universidade, os universitarios que non tiñan para comer ían pedindo sopa cunha culler polas portas dos conventos, non só iso se non que lles chamaban bobos porque normalmente eran os que peores notas sacaban, tamén levaban unha gorra e de aí ven o de ser" gorrón".
Non é fácil visitar todo nunha tarde, aínda que está todo xunto, pero para disfrutar desta cidade fai falta un dia enteiro polo menos.



A invitación da noite agardábanos e voltamos a Alba de Tormes que tan só está a 16km de Salamanca e que fixemos alí? pois isto:


Unha capea é levar os novillos polas calles ata a praza de touros, e alí esquivar os pobres animais. Que conste que non nos gustan os toros!!

2 comentarios:

vic dijo...

Si, aínda o viñen ler enteiro hoxe que xa case vas outra vez de vacacións!! :)

Só quería dicirche que relatas as historias que da gusto lerte, con esas fotos e esas anécdotas só che quedan ganas de ir vivir o mesmo!!

Por certo, e non probastedes as tapas de Salamanca? Unhas das de maior sona de toda España!! Non pode ser que non as probárades!!

Moitos bicos!!

Anavic dijo...

Pois mesmo en Salamanca cidade non, nos outros pobos si, pero con 43 graos de calor non che tiñamos jotiña de fame.
Por certo, aceptei a tua invitación en facebook, pero está todo en injlis, e non me entero.
chao! Un bico!