jueves 19 de agosto de 2010

Pan!



Hoxe vai ir de pan, si si, que onte cocimos, jeje.

Hai anos que meus pais eran especialistas en cocer, daquela aínda se botaba trigo, e tiñas que esperar a que che tocara mallar porque ían por orde riguroso dun lugar a outro, coa malladora, a limpadora e toda a recua de xente que acompañaba, os traballadores, os fopeiros... había de todo. Pois ben, para recordar como se bota o trigo, e os tempos da malla, aínda que xa non hai que segar nin facer os mollos, que xa o fai unha máquina soliña, decidimos meu irmán e mais eu botar un pouco trigo, haber que pasaba, pois nada! xa mallamos e xa temos o trigo limpo en sacos, xa fomos ó muiño.... e quen amasa? se meu pai agora non pode, primeiro fixemos a proba cunha amasadora desas que compra a xente para a casa, pero saleu regular, como amasaba meu pai nada!, bueno pois eu non quería renunciar á boliña quente co leite, entón metínme coas mans na masa! si señor!!. Miña nai quentou a auga co sal e controlou a cantidade de fariña, eu amasei!! e meu pai quentou o forno; puxemos o pan a b
ordo, preparamos unhas pizzas, uns bolos.....




enfornamos e.... mi madriña que ben sabía a bola!!!. Antiguamente tamén era costume cambiar a bola cun veciño ou con alguén da familia, pois ben eu non a cambiei pero si que lla levei a miña prima María José, que lla tiña prometido, porque ela tamén se acorda de comer a bola quente co leite cando era pequena, pero era mais larpeira que min que lle botaba colacao, jejeje.



7 comentarios:

mconsuelopicos dijo...

¡Ala! mira que bén!!descubreu todo e se alguén lle leva a vida??? no convidache, pero creo que poido decir eu que si alguén ten ese antollo que se apunte , e na proxima facemoslle unha boliña quenteeeeee.....! o leite que o traija el, que as nosas vacas levantáronse jajaja

Víctor dijo...

Como me gustou esta entrada! E, aínda que non o creas eu tamén sei o ben que sabe a bola recén feita, e non hai nada mellor. Meus pais tamén teñen a costume de cocer e con bastante frecuencia. É un dos mellores días para estar na casa e comer o pan :)

O que xa se me fai máis extraño é iso de botarlle leite, aquí non se fai. Aquí tamén é costume facer tortas e empanada no forno, as tortas son só para o día que se coce e saben de marabilla.

Bicos e noraboa por esas iniciativas que tedes.

Anav dijo...

Aquí a costume era comer a bola quente co leite frio, que supoño que serán as tortas que dis ti, ou son doces?

loly dijo...

mmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmm lo voy a poner en gallego¡¡¡¡¡¡¡ sabian a dios¡¡¡¡¡¡ jajajaja pero o forno non parece antiguo

Anónimo dijo...

Guaaaaaaaauuuuuuu!!!! Isto sí qué é demasiado!!!! Qué recordos da nenez!!!Miña querida nái amasando...meu pái quentando o forno....e todos nós o redor estorbando!!!! Cómo sabía aquela bola con leite de "verdad" E canto daría por recuperar aqueles tempos!!!Pero mói ben por todos vos!!! non cansedes....Bico.

Víctor dijo...

Son tortas de pan normal pero con forma de torta :) Nada de doces. Non sei se antigamente a comían con leite, pero nunca nada diso escoitei. Polo que eu sei, comíana/cómese con un pouco de aceite e azúcar, hai xente á que lle gusta quente (a min) e outros prefiren deixala enfriar.

A min particularmente, o do aceite e azúcar non me gusta moito, eu prefiro comela quentiña e sola, está riquísima.

E por certo, moi bonito o novo deseño do blog, vaia cracks estades feitas.

Apertas!

Anav dijo...

As tortas que di Victor son as nosas bolas, pero comelas con aceite e azucar? non sei iso como saberá, con aceite solo valeme, porque me gusta esa convinación.... bueno todo será probar, xa vos contarei.