martes, 25 de agosto de 2009

Olo vai o verán!


Aló vai, ou como di o meu sobriño:- olo vai!
Pois se nos deran cartos e 80 dias para dar a volta ó mundo, a nós aínda nos sobrarían dias, ¿por que? porque en catro dias percorremos a metade de España. Segovia-Madrid-Ávila esta vai ser a primeira parte.
En Segovia visitamos o impoñente Acueduto Romano, a Catedral, o Alcázar....














O palacio de Riofrío:
Era a chavola que mandou construír Isabel de Farnesio, muller de Felipe V, para ir a cazar os fines de semana. Alí encóntranse os poucos cadros de voda de Alfonso XII e María de las Mercedes .
Ten un museo de caza.




A Granxa ou Palacio Real de San Ildefonso, destacan os seus xardíns e as súas fontes que concretamente hai 26, son unha copia dos de Versalles. Foi mandado facer por Felipe V.




Pasamos por San Lorenzo del Escorial, no cal encontrase un monasterio, unha basílica, unha biblioteca ( alí está o primeiro libro escrito en galego, por Alfonso X o sabio) un palacio real e un mausoleo dos reis españois. Para que vexades que maxestosidade ten, esta foto sacámola camiño de Ávila.



E xa en Ávila custounos encontrar as murallas, por pouco desistimos de velas!. Hai xemas de Santa Teresa por todos os lados pero son moi caras!!.
Esta é a mellor muralla conservada do mundo, é unha muralla militar rómanica que rodea o casco antigo.



Continuará....
O próximo dia iremos á provincia de Salamanca.

8 comentarios:

chelo dijo...

Prometo seguir vendo!!!!!!¡¡¡¡¡que juai!!!!!

vic dijo...

Eu tamén prometo seguir vendo!! Moi guai como di chelo :)

E a muralla de Ávila pode ser a mellor conservada do mundo, pero a máis bonitiña de todas está en Lugo... sen dúbida ningunha!! ;)

Bicos e pasádeo ben!!

Anavic dijo...

Jajaja!! Xa o fixen adrede, xa sabía eu que o noso amigo Vic ñia defender Lugo, e con toda a razón!!!!

Anavic dijo...

Jajaja!! Xa o fixen adrede, xa sabía eu que o noso amigo Vic ñia defender Lugo, e con toda a razón!!!!

loly dijo...

e que digan o que digan GALICIA e GALICIA todo muy muy bonito pero ¿a gastronomia que? de eso no hablas nada y como en casa los que somos comedoriños nada.Aprovecho para preguntar si te quedan patatasamores

loly dijo...

e que digan o que digan GALICIA e GALICIA todo muy muy bonito pero ¿a gastronomia que? de eso no hablas nada y como en casa los que somos comedoriños nada.Aprovecho para preguntar si te quedan patatasamores

Anónimo dijo...

Suscribo o da Muralla que di Victor,graciñas por amosarnos todo e quedamos a espera de máis. Bicos.

vic dijo...

Jajaja!! Ese vic e a "súa" muralla!! :)

Co bonitiña que é!! A verdade é que nunca estiven en Ávila e non as podo comparar con total coñecemento de causa. Haberá que visitar a súa para ver se é tan bonitiña como a nosa :)

Moitos bicos!!