sábado, 28 de febrero de 2009

Carnaval, carnaval, papapapapaparabara.

Agora que xa pasou outro acontecemento do ano, que por certo, os anos ¡sempre son iguais!, sobre todo polo rápido que pasan, e logo non vos parece que deberían durar o doble, ou a metade, así imaxinádevos ,eu, por exemplo estaría á beira de cumplir ¡oitenta anos!. Ben, ó que ía, o carnaval deste ano foi divertido, xa o vades ver, e pensando que este ano polo da crise non ía haber tanto disfraz, mira por onde, había mais que outros anos.



A miña colega-de-disfraz e mais eu, xa o empezamos a pasar ben cos preparativos. Primeiro hai que darlle voltas á cachola para ver de que nos imos a disfrazar. Cando se ilumina a bombilla e xa tes a idea hai que empezar a darlle forma, e a form
a démoslla deste xeito:



Ingredientes: Uns globos xigantes, periódicos de La Coz de Malicia a tiras ( xa que non valen para outra cousa), cola de empapelar, cartón, fiso, un pincel, a idea e a traballar!!.

Unha vez inchado o globo á medida desexada, colocase nun tubo de cartón onde che caiba a cachola e pégase con fiso, engadímoslle os ollos e a boca, como se che ocorra, e comezamos a pegar tiras de papel periódico, así como unhas 6-8 capas, despois de acadar o grosor necesario , pincha o globo!!. Mete a cabeza e adapta o cabezón ata que os tues ollos miren pola boca. Xa se pode pintar, maquillar, peinar, adornar, remirar para ver que bonita quedou. Buscalle roupa axeitada e xa tes un disfraz, despois busca sobre todo un baile e pasao ben!!.

É todiño, todiño made in na casa.




Para os que seades mal pensados, cos biquiños era cando podiamos falar e oírnos que se non, entre as dúas non nos enterabamos de nada. E para pasalo mellor acompañate de mais máscaras!

Astronauta ou buceador non se sabe moi ben.



Home na ducha, sen auga! pero con cervexa.



Un cura axudandolle a unha cigoña ¡ haber se hai sorte!



E.... a que faltaba que non quería sair



E para rematar, quero que saibades, que o pasei moi ben gracias a Claudia ¡¡¡ que vale un montón!!!.


Bueno, isto non quere publicar cos cambios que lle fixen, así que xa o poñerei ben cando me deixe, mentras ideo vendo.

1 comentario:

loly dijo...

¡Vaya! por lo que veo en Iglesafeita Internet también va como una mierda, menos mal que no es sólo por aqui porque ya estaba un poco frustrada. pero me alegro de que lo pasaras bien, a ver si podemos ver las fotos .