martes, 17 de febrero de 2009

A Fonsagrada



Esta fin de semana invitaronnos a ir á Fonsagrada, era a festa do Butelo. Unha vez que saimos da casa decidimos ir mais aló, e chegamos a Negueira de Muñiz un dos últimos concellos de Galiza, é moi fermoso, pero hai que ver que curvas! e nunca se acababan!.




Na Fonsagrada puidemos atopar estas paisaxes, a que son incribles!.




Mais incrible era o cocido que alí nos esperaba, creo que a todo o mund
o lle gusta, pero é que este foi o que mellor me soubo de toda a miña vida, pensando nel fáiseme a boca auga! feito na cociña de leña e ó quentiño, todos arredor da mesa, butelo, androia, lacón, orella, chourizos, grelos, patacas, viño e pan, e ¡que pan!.



Despois de tal gula había que gastar calorías e fomos a un regato que pasa por aló abaixo, baixar ben baixamos ¿e subir? vaia que nos custou! chegamos coa lingua de fora.



Foi un dia redondo!

2 comentarios:

mconsuelopicos dijo...

¡logo quen vai traduciloas fotos
son de
o escrto!
ENTON QUEN VAI TRADUCILO O ESCRITO
EU XO SEY LEO ISO IGUALIÑO QUE O CORAN AS FOTOS SON ORIXINALES PERO O RELATO DELAS E UNICO

Anónimo dijo...

Que fotos máis chulas!! Especialmente a primeira coas vacas e a das nubes coa montaña ao fondo. Estas cousiñas que se ven na nosa terriña dan gusto, e aderezadas cun bo cocido... non creo que haxa nadiña mellor!!

Negueira de Muñiz é un poco encantador, debe ser o pobo máis tranquilo do mundo, aínda que vendo onde está non é de extrañar...

Bicos!!