
A miña colega-de-disfraz e mais eu, xa o empezamos a pasar ben cos preparativos. Primeiro hai que darlle voltas á cachola para ver de que nos imos a disfrazar. Cando se ilumina a bombilla e xa tes a idea hai que empezar a darlle forma, e a forma démoslla deste xeito:

Ingredientes: Uns globos xigantes, periódicos de La Coz de Malicia a tiras ( xa que non valen para outra cousa), cola de empapelar, cartón, fiso, un pincel, a idea e a traballar!!.
Unha vez inchado o globo á medida desexada, colocase nun tubo de cartón onde che caiba a cachola e pégase con fiso, engadímoslle os ollos e a boca, como se che ocorra, e comezamos a pegar tiras de papel periódico, así como unhas 6-8 capas, despois de acadar o grosor necesario , pincha o globo!!. Mete a cabeza e adapta o cabezón ata que os tues ollos miren pola boca. Xa se pode pintar, maquillar, peinar, adornar, remirar para ver que bonita quedou. Buscalle roupa axeitada e xa tes un disfraz, despois busca sobre todo un baile e pasao ben!!.
É todiño, todiño made in na casa.


Para os que seades mal pensados, cos biquiños era cando podiamos falar e oírnos que se non, entre as dúas non nos enterabamos de nada. E para pasalo mellor acompañate de mais máscaras!
Astronauta ou buceador non se sabe moi ben.

Home na ducha, sen auga! pero con cervexa.

Un cura axudandolle a unha cigoña ¡ haber se hai sorte!

E.... a que faltaba que non quería sair

E para rematar, quero que saibades, que o pasei moi ben gracias a Claudia ¡¡¡ que vale un montón!!!.

Bueno, isto non quere publicar cos cambios que lle fixen, así que xa o poñerei ben cando me deixe, mentras ideo vendo.