
Este ano houbo sorte co tempo, non choveu, fixo sol de día e un pouco de frio á noite, pero para correlo que mellor cousa que bailar, bailar bailamos eh! de día cos gaiteiros e de noite coas orquestas.

Foi un éxito que os cabezudos foran cos gaiteiros, seica era unha tradición moi anterga na nosa galiza e que en moi poucos sitios queda, a ver se logramos recuperala, pasase moi ben. Un dato interesante do Biscordel é que nos anos 50 facíase un globo coma o de Betanzos e botábase durante a función .
E xogamos ó escondite, a pillala silla, a bailar bailes mundiales, e que o día dos patróns sempre se come de mais e logo hai que queimar calorías para volver a cenar.



Creo que disfrutamos mais os grandes.... jajaja.
Só nos faltou unha cousa, o noso Iago, pero para o ano xa ven ó Biscordel, que o imos celebrar coma nunca, por él!!! virán tamén Xoel e André os nosos novos sobriños que nacerán en xeneiro e febreiro.