domingo, 7 de junio de 2009

Quen me come o repolo???!!!!



Ben, xa me cansei!

Esta é unha entrada pequena que vou facer, haber se alguén me pode axudar.
Teño un problema cos repolos, si, si, cos repolos. Despois de moito mirar no internet, cheguei á conclusión que quen anda merodeando a miña casa, é unha marta, pero as martas son carnivoras!, non comen empachos de repolo!.
Veredes na foto que non se priva tal bicho de darse bos atracóns, encima é exquisito, posto que as follas de fora nin as toca!, nin deixa pegadas do delito! aínda me gustaría saber quen é!. Vos vedes posible que sexa un animal de dous pes?, non, non me refiro a un humano, se non a algunha ave.
Botei no chan pos de cemento branco haber se os pisaba, pero nada!. Aaaiiigggg!!!!
Só lle gustan os repolos, menos mal! ó resto das hortalizas non as toca.



Aproveito para quen lle interese que vendo patacas novas, criadas sen abonos químicos nin sulfatos. Non é porque sexan miñas pero son exquisitas! e mais baratas que nas tendas.

4 comentarios:

loly dijo...

lo del bicho no lo sé, pon cámaras y si no, paciencia, planta otra cosa que no le guste, lo de las patatas sí me interesa a mí, no sé las que te sobran pero yo quiero 981490652

Anónimo dijo...

Vai ser que cada vez abondan mais as alimañas......ponlles tamén algo de carne pa facer un cocido.... saudiños.

Anónimo dijo...

Hola Ana son Iago cómeme o remordemento.
Teño que dicirche que ¡Dios como me soupo o repolo!!!


Un saúdo Iago.

rosa dijo...

As hipótesisi poden ser moitas:
-Os ratos
-Meu fillo
-Secundino con fame

Dende logo o que foi é curioso, non destrozou o resto de repolo.

Bicos.