
Esta vai de doces!
Despois de sete dias de aprender a cociñar larpeiradas para sumar calorías, temos o resultado, dende: unha Tarta Sacher, uns canutillos de nata, uns profiteroles, incluso unhas orellas en forma de man, etc...
Pero o que se levou a palma foi unha tortilla! si si, unha tortilla, normal e corrente pero.... non sabe coma as demais, non, está feita ó lume da lareira en tixola de ferro, e ten un toque de sabor a fume que a fai deliciosa!.
O que era a despedida do curso de pastelería da asociación, levando cada unha un doce, converteuse nun dia de alabanza á tortilla de ovos e patacas. As profes queríana probar, e abofé que non sobrou nada dela!
.
