skip to main |
skip to sidebar
Hai uns dias que ando pensando en facer unha nova entrada, e temas non me faltan: A carta do cura, Obama, Israel, accidentes deportivos, etc...Hoxe pola mañá sóame o teléfono e dinme:-! Pon tele5, pon tele5, pon tele5!Corro para a tele, poño tele5 e encóntrome a Ana Rosa Quintana facendo comentarios dun cura que enviara ós seus feligreses unha carta un tanto ameazadora, cando é a miña sorpresa que é o noso cura!!. Calificáronlle a carta de: "unha brillantez mental" Previamente xa saíra nos telexornais e en España directo.O conto do cura xa ven de vello, sempre lle gustaron moito os negocios. Pero esta vez alguén se atreveu a publicar a carta nunha páxina de internet de denuncia social, mais no correo galego, e dende iso: cura vai e cura ven. Invítovos a que leades a dita carta: narahio e a que opinedes sobre ela.Adiántovos que pode ferir a vosa sensibilidade.
_Acabouse!_¿o que?_A Navidade!
Agora quedan as resacas, os kilos demais, as gripes, as despedidas, pero que nos quiten o bailao!
Como coa lotería non houbo sorte, chamamos a Papá Noel, e veu! non estabamos moi seguros de quen era, pero resistimos, non choramos é mais ó final aquel señor trouxo regalos! 
E que me contades do ano vello, Ja! nosoutros tanto cambiamos de canal que nos quedamos sen comer as uvas, menos mal que as repiten para Canarias. Iso que mirabamos o reloxo, pero como cada un tiña unha hora, pois en fin...

E despois festa! Uns chamáronlle miaullada, outros gatada, pero o caso foi que o pasamos moi ben. O que mais chulo quedaba era o do wc, jiji!
Andri baila co seu pai, e baila moi ben!, estábame a aprender samba, non nos deu tempo de rematar, xa se foi para o seu " paisito" como eles lle chaman, non sei cando os volveremos a ver, pero seguro que tanto para eles como para nós ,foron unhas datas inolvidables

Por suposto que houbo chocolate con churros! e que ben nos sentaron, son unha das miñas larpeiradas favoritas.
O dia de reis, trouxéronme unha lámpada para o salón, pero como son unha das afectadas pola gripe non hai foto.
O fin do Nadal trae as ideas para comezar o carnaval, que xa están en marcha, así que ide retorcendo os miolos.